CRTVG

Buscar

Un único acertante leva case 14 millóns de euros en Vilagarcía

Publicado o 24/03/2019 14:34
Un único acertante leva case 14 millóns de euros en Vilagarcía

Ramón e Antonio sempre se sentan neste banco fronte á administración de lotaría número 2 de Vilagarcía. Pregúntanlle a un veciño se vén de cobrar. Alguén, non se sabe quen e quixeran sabelo, hoxe é 13.806.070 euros máis rico.

Totais anónimo 1 "Esta vez non xoguei pero estes amigos meus si" Muller anónima 2 "Si sei que tocou. Pero non sei a quen lle tocou" Muller anónima 3 "Que sorte. Eu nunca son que de sacar nada. Pero que bo! E que sexan felices aos que lles tocou".

María, a filla de Luis, a loteira, repartiu estes días máis de 136.000 euros e un pequeno premio de 10.000. Pero dar 13 millóns de euros convértea en loteira maior. Non se sabe se axuda ou confunde, pero falamos de 2.200 millóns das antigas pesetas. Pensan algunha vez que farían con tantos cartos?

Total anónima 1" Si. Todos os días. Iríame á miña patria, son arxentina." Total anónimo 2 "Gastalos" Anónimo 3: "Sobre todo dar cartos. Iso hérdoo da miña nai, que me dicía que se me tocara a lotería que o tiña que dar aos pobres". Anónimo 4" Comprar coches aos fillos, terminar coas hipotecas, e cos débitos..."Anónimo 5: "Nada, eu xa teño suficiente co que teño para ser feliz".

E como só lle tocou a un, o resto, como no día da lotaría de Nadal, lembramos a deusa saúde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019