CRTVG

Buscar

Colide contra a terraza dun bar en Xirona e provoca dez feridos, un deles moi grave

Publicado o 11/08/2019 15:07

Dez persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple en Xirona despois de que un coche batera coa terraza dun bar debido a que o condutor perdeu o control do seu turismo. A vítima máis grave foi unha nena de catro anos, que está ingresada na UCI do hospital da cidade. O resto de feridos xa recibiron a alta. O condutor, de dazaoito anos, levaba co carné apenas dous meses.

A Policía Local está a investigar as causas que fixeron que un condutor se espetara esta medianoite contra a terraza dun bar no barrio de San Narcís, en Xirona. O coche acabou atropelando dez persoas, entre elas, unha nena de catro anos, que sufriu traumatismo cranioencefálico e que permanece ingresada na UCI pediátrica do hospital Josep Trueta da cidade. Os outros nove feridos xa recibiron a alta. O condutor, de 18 anos e que levaba só dous meses co carné de conducir, deu negativo nas probas de alcolemia.

Os primeiros indicios da investigación barallan un posible conflito entre dous condutores, que rematou cun deles perdendo o control e impactando contra a terraza, onde estaban as vítimas. Os Mossos d'Esquadra descartaron que se tratase dun atentado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019