CRTVG

Buscar

Un tribunal francés abre a vía para que Josu Ternera saia de prisión

Publicado o 01/07/2020 22:33
Un tribunal francés abre a vía para que Josu Ternera saia de prisión

O Tribunal de Apelación de París autorizou este mércores que o dirixente etarra José Antonio Urrutikoetxea, Josu Ternera, saia do cárcere e quede baixo arresto domiciliario se é viable utilizar un brazalete electrónico para controlar os seus movementos.

A sala de instrución da corte ordenou un estudo para comprobar que esa medida pode efectuarse con todas as garantías e pronunciarase respecto diso, en función do informe recibido, o próximo 29 de xullo nunha nova audiencia.

Os seus avogados reclamaran a súa saída do cárcere por motivos de saúde debido á propagación da epidemia da COVID-19 na prisión parisiense da Santé, onde está encarcerado desde o seu arresto en maio de 2019.