CRTVG

Buscar

Un tribunal antiterrorista saudita condena a case 6 anos de cárcere unha defensora dos dereitos das mulleres

Publicado o 29/12/2020 08:43
Un tribunal antiterrorista saudita condena a case 6 anos de cárcere unha defensora dos dereitos das mulleres

Un tribunal antiterrorista de Arabia Saudita condenou a case seis anos de cárcere unha defensora dos dereitos da muller. A activista Loujain al Hathloul foi detida en maio de 2018 xunto con outras mulleres coas que fixera campaña para que lles deixasen conducir.

Pouco despois de que a encarceraran, levantouse a prohibición. A pena está por debaixo dos 20 anos de cárcere que pedía o fiscal.

Noticias web

29/12/2020