CRTVG

Buscar

Un triatleta galego percorre solidariamente o Camiño Inglés en só dúas etapas

Publicado o 28/06/2020 15:29

Correr para homenaxear os que tanto están a facer para loitar contra a Covid-19, esa é a idea coa que un triatleta coruñés decidiu afrontar o Camiño Inglés entre Ferrol e Compostela, en só dúas etapas.

Para Javier Castroverde, triatleta, é unha sorte de homenaxe "porque penso que é unha xente que merece todo o noso respecto, porque é unha xente que estivo sempre na primeira liña, que deixou a súa vida".

Este deportista extremo xa protagonizara en pleno confinamento o reto de correr 61 quilómetros na súa casa para homenaxear os traballadores das ambulancias, 91 polas forzas de seguridade e agora 112 quilómetros, para lembrar o traballo dos que atenden este telefono de emerxencias. Despois de facer 72 quilómetros onte dende Ferrol , esta mañá atopámolo entre as parroquias ordenses de Poulo e Pereira.

"Estou un pouco canso- relata Javier Castroverde- porque onte foi bastante tralla e non estaba preparado, e saíronme queimaduras, o típico destas etapas tan duras. Agora que hai tirar un pouco con paciencia".

O seu acompañante, o deportista Nacho Couñago, confesa: "Estoume encontrando ben, el tamén, é un tema de cabeza e para o que queda está máis que feito."

A iniciativa está incluída dentro do New freedom weekend, unha plataforma deportiva coa que expresarse solidariamente a través do deporte. E mentres pasan os quilometros, xa queda nada para Santiago e concluír un novo reto.

Noticias web

28/06/2020