CRTVG

Buscar

Un tren atropela un autobús en Rusia e deixa 19 mortos

Publicado o 06/10/2017 22:11

En Rusia, polo menos 19 persoas morreron despois de que un tren atropelara esta noite un autobús de pasaxeiros.

O autobús calouse xusto cando cruzaba a vía e mentres a maioría dos seus ocupantes durmían. O condutor comezou a berrar e uns 30 viaxeiros baixaron rapidamente para empuxar o vehículo. Nese momento, o tren impactou co autobús. Todos os que estaban fóra sobreviviron.O maquinista activou o freo de urxencia pero non puido evitar a colisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2017