CRTVG

Buscar

Un tren arrastra en Bergondo un coche medio quilómetro co condutor no interior

Publicado o 01/12/2019 20:52

• Só quedou ferido leve pero deu positivo en alcol e drogas

• O corte de vía afectou a catro trens de pasaxeiros

A sorte deixanos historias como a do condutor deste vehículo que quedou atravesado de madrugada no medio da vía do tren en Bergondo. Unha locomotora non puido esquivalo e arrastrouno durante medio quilómetro. As consecuencias puideron ser fatais pero o condutor do vehículo tan só quedou ferido leve. A sorpresa foi que dera positivo en alcol e drogas. Durante varias horas o tráfico ferroviario tivo que ser interrrompido. 

O maquinista tivo tempo de activar o sistema de freado da locomotora antes do impacto. Quizais iso lle salvou a vida ao condutor, que nalgún momento da madrugada detivo o coche no medio das vías do tren nunha zona de acceso prohibido, sen pasos a nivel próximos. Os equipos de seguridade de Renfe alertaron ao 112, que mobilizou os servizos sanitarios de urxencias, a Garda Civil, a Protección Civil de Bergondo e os bombeiros de Arteixo.

O home foi trasladado ao Complexo Hospitalario da Coruña con feridas na cabeza. A súa vida non corre perigo. A Garda Civil realizoulle no mesmo hospital as probas de detección de consumo de alcol e drogas. Deu positivo en ámbalas dúas. O tráfico ferroviario quedou interrompido ata que se retirou o coche da liña, contra as dez e media da mañá. O corte de vía afectou a catro trens. Os pasaxeiros continuaron a viaxe por estrada.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019