CRTVG

Buscar

Un tremor deixa en Croacia mortos e desaparecidos

Publicado o 29/12/2020 14:46
Un tremor deixa en Croacia mortos e desaparecidos

Un tremor de 6,2 graos sacudiu a cidade de Petrinja, no centro de Croacia este mediodía. Hai polo menos cinco mortos, entre eles unha nena, e máis dunha vintena de feridos, dous deles en estado de gravidade. Os equipos de rescate buscan xente entre os entullos e o exército acudiu a zona.

Segundo dixo o alcalde en Radio Croacia, a cidade está en ruínas, con todas as casas danadas, e as ambulancias non poden achegarse a cada unha das zonas afectadas.

Branka Mitic, vicealcaldesa de Glina, adianta que "aínda están sacando xente dos escombros en Majske Poljane. Hai moitas ruínas, é posible que haxa máis vítimas".

O terremoto, rexistrado ás 12:20 hora local (11:20 GMT) de hoxe, tivo lugar tras outro seísmo de 5.0 graos na mesma rexión. O tremor de hoxe sentiuse en toda Croacia e en varios países de Europa central.

Noticias web

29/12/2020