Un transeúnte sálvalle a vida a un home tras unha brutal agresión en Lugo
Publicado o 18/10/2021 17:15
Sen pensalo, achegouse á vítima, que estaba inconsciente, e logrou reanimalo desbloqueándolle as vías respiratorias. Asistiuno ata que chegou a policía e os servizos de emerxencia.
El foi unha das persoas que pasaba pola rúa e se encontrou coa brutal agresión. A vítima foi golpeada cun obxecto cortante e quedou ferida de gravidade. O presunto agresor, que fuxiu do lugar dos feitos, xa foi detido. Conta con varios antecedentes en episodios violentos. A agresión produciuse mentres as parellas de vítima e agresor mantiñan unha conversa.