CRTVG

Buscar

Un veciño de Estramundi, en Padrón, recolle as botellas e latas que tiran por centos na estrada

Publicado o 10/03/2021 13:59
Un veciño de Estramundi, en Padrón, recolle as botellas e latas que tiran por centos na estrada

Un veciño de Padrón estivo recollendo as latas e botellas que había na estrada que atravesa Estramundi, no concello de Padrón. No lugar hai un cartel invitando a quen tira o lixo onde non debe de que o bote na súa horta a ver se fai un criadeiro de latas.

Ademais do impacto ambiental, supón un risco para a seguridade dos usuarios da vía, especialmente ciclistas e peóns. A normativa establece multas desde 198 euros ata 9.800 por tirar lixo na vía pública. No caso das cabichas, a sanción inclúe, a maiores, a retirada inmediata de 4 puntos do carné.

Noticias web

10/03/2021