CRTVG

Buscar

Un camión queda atrancado na Gudiña tras despistarse ao saír da autovía

Publicado o 13/09/2017 13:33

O condutor asegura que se despistou ao saír da autovía nun ramal que está en obras nun desvío, di, mal sinalizado

Desde pouco antes da media noite, un camión cargado con peixe conxelado está atrancado no lugar de Pentes. O condutor asegura que se despistou ao saír da autovía nun ramal que está en obras nun desvío, di, mal sinalizado.

O vehículo leva vinte toneladas de pota con destino a Valencia. O peixe está intacto posto que a gabarra conxeladora funciona independentementa da cabeza tractora. A rotura do embrague obriga a precisar dun guindastre de gran tonelaxe para desatrancar o camión. Os veciños aseguran que non é a primeira vez que un condutor se despista e acaba perdido na aldea.

O chofer do camión espera que a situación se arranxe nas próximas horas e que poida continuar viaxe a Levante á media tarde.

A Autovía Rías Baixas ten o tráfico desviado por obras de mellora na saída do quilómetro 132 pola Nacional 525 ata A Gudiña, onde novamente se incorpora á A-52.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017