CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga as causas polas que puido arder de noite un tractor no concello de Silleda

Publicado o 22/04/2019 13:10

Calcinado por completo. Así atopou a propietaria deste tractor o vehículo agrícola que deixara estacionado o venres pola noite á beira dunha pista no lugar do Couto, no concello pontevedrés de Silleda. O tractor estaba avariado. Non foi ata o día seguinte, o sábado pola mañá, que o 112 mobilizou os bombeiros.

Juan José Muñoz Iglesias, xefe do parque de bombeiros do Deza: "Cando chegamos ao punto, o tractor ardera completamente. Pensamos que ardeu toda a noite. A raíz do incendio, baixou por unha pista e quedou apoiado contra unha árbore".

Suponse que o tractor estivo ardendo varias horas e que escorregou pola pista cando se lle queimaron os freos. A Garda Civil abriu dilixencias para aclarar as circunstancias do sinistro. En principio parece que foi fortuíto e que puido estar relacionado coa avaría do vehículo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019