CRTVG

Buscar

Un traballador morto e outro ferido ao caer un guindastre en Barcelona

Publicado o 11/02/2019 08:18

Un obreiro morreu e outro quedou ferido ao caer un guindastre en Sant Just Desvern, Barcelona. Os dous operarios traballaban o domingo ao mediodía na desmontaxe dun guindastre que se utilizara na construción dun edificio. Por causas que se descoñecen, o guindastre partiu en dous e precipitouse sobre unha vivenda unifamiliar que, segundo as primeiras investigacións, non sufriu danos estruturais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019