Morren dous traballadores en Outes e Marín en accidentes laborais
Un traballador morreu este martes á mañá ao caer dunha torre eléctrica en que traballaba realizando traballos de mantemento no concello coruñés de Outes. Segundo informa o 112, outro operario quedou ferido de consideración.
#AXEGAInforma que un operario perdeu a vida e outro traballador resultou ferido de consideración ao caer dunha torre eléctrica mentres realizaban labores de mantemento en #Outes. O #112Galicia alertou aos servizos sanitarios que mobilizaron a un helicóptero medicalizado. (1/2) pic.twitter.com/BzEJgNPnNI
— 112Galicia (@112Galicia) November 3, 2020
A pesar da mobilización dun helicóptero para atender este accidente laboral, non se puido facer nada polo traballador, que faleceu.
Outro accidente mortal en Marín
Outro traballador faleceu este martes en Marín noitro accidnete laboral. Ocorreu no porto, mentres o operario traballaba cun camión-guindastre.
#AXEGAInforma dun traballador falecido tras sufrir un accidente mentres manexaba un guindastre no peirao de #Marín. O equipo sanitario nada puido facer por salvarlle a vida. Ata o lugar acudiron axentes da @guardiacivil e Policía Local para aclarar as circunstancias do suceso. pic.twitter.com/hSesHH03k7
— 112Galicia (@112Galicia) November 3, 2020
O traballador foi esmagado pola carga e non se puido facer nada por salvarlle a vida.