CRTVG

Buscar

Un traballador do matadoiro da Coruña, positivo relacionado co gromo do ximnasio de Arteixo

Publicado o 31/07/2020 17:22
Un traballador do matadoiro da Coruña, positivo relacionado co gromo do ximnasio de Arteixo

Un traballador do matadoiro municipal da Coruña é un dos 25 contaxiados de coronavirus do brote relacionado cun ximnasio situado no núcleo de poboación de Meicende, no municipio de Arteixo, segundo informou o Sergas.

Fontes municipais sinalan que a empresa concesionaria do servizo, Carnicosa, procedeu a desinfectar as instalacións do polígono da Grela e que os contactos que tivo o empregado no seu posto de traballo xa están illados e á espera dos resultados das probas PCR.

Por outra banda, o Concello apuntou que resultou negativo o test practicado polo Sergas á usuaria do polideportivo de Riazor que fora sinalada o xoves como posible contaxio. As instalacións municipais foran xa desinfectadas antes de coñecerse o diagnóstico.

O vixilante do centro cívico de Monte Alto que deu positivo nas últimas horas tamén está relacionado co centro de adestramento situado en Meicende, así como o porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros.