CRTVG

Buscar

Case o 79% das persoas citadas acoden ao cribado de covid-19 en Sarreaus

Publicado o 08/12/2020 19:19
Case o 79% das persoas citadas acoden ao cribado de covid-19 en Sarreaus

Un total de 733 persoas das 930 citadas acudiron este martes ao cribado posto en marcha pola área Sanitaria de Ourense no municipio de Sarreaus. Diso informou a xerencia, que detallou que esta cifra supón que un 78,8% dos citados acudisen a realizar a proba PCR. En concreto, a toma de mostras tivo lugar das 10,00 horas até as 17,45 no pavillón polideportivo municipal.

O obxectivo deste cribado, a practicamente todos os veciños e veciñas deste concello limiao, é detectar asintomáticos e frear a cadea de trasmisión e é que Sarreaus con pouco máis de 1.100 habitantes ten hoxe 23 casos activos, é unha incidencia moi alta.