CRTVG

Buscar

Un total de 35 concellos ourensáns non teñen casos activos de covid-19

Publicado o 03/01/2021 14:52

Coa pandemia, os positivos convertéronse en algo ben negativo e en Sandiás poden presumir de ter hoxe cero positivos.

Tamén no concello lindeiro de Vilar de Santos levan dúas semanas sen ningún contaxio.

Hai múltiples factores, apuntan tamén na rúa, e non todos controlables.

Nótano ben nas tendas e nos bares, onde hoxe, se non fose polos tapabocas e pola barra precintada, parece unha mañá de domingo calquera. Unha situación que fai que a tensión non sexa tan grande.

En total son 35 concellos ourensáns, de 92 que ten a provincia, cunha incidencia a catorce días de cero casos activos.

Noticias web

03/01/2021