CRTVG

Buscar

Un tornado no oeste de Mallorca causa cortes de estradas, de luz e caídas de árbores

Publicado o 30/08/2020 10:28

Un tornado atravesou este sábado a illa de Mallorca nunha xornada de fortes treboadas con especial incidencia na serra da Tramuntana. Arrincou as copas de centos de árbores e deixou intransitables as estradas. Tamén levou por diante ata once liñas eléctricas e seis concellos da zona quedaron sen luz varias horas.

Entre as vilas afectadas estaban LLucmajor, Deià ou Valldemosa. Endesa mobilizou uns 60 efectivos para restablecer a luz o antes posible con grupos electróxenos. Houbo que cortar dúas estradas e outras catro presentaban grandes atrancos para circular.

Ademais, caeu unha sarabiada de grandes dimensións.


 

Noticias web

30/08/2020