CRTVG

Buscar

Un tornado en Cuba deixa catro mortos e uns 200 feridos

Publicado o 29/01/2019 08:22

En Cuba, un forte tornado deixa catro mortos e uns 200 feridos. O vento furacanado arrasou con todo: coches, árbores, teitos.. E afectou especialmente A Habana, aquí vemos as imaxes. Aínda están avaliando os danos. As autoridades advirten de que a cifra de vítimas é provisional porque hai numerosos derrubamentos nas zonas afectadas. Non pasaba nada igual na illa dende 1940.


 

Noticias web

29/01/2019