CRTVG

Buscar

Unha tormenta eléctrica fulmina case a totalidade dun rabaño na localidade portuguesa de Arcos de Valdevez

Publicado o 12/04/2021 15:46

Un raio acabou de golpe coa vida de 68 cabras nunha pequena aldea portuguesa situada a 20 quilómetros da fronteira con Galicia. O raio non llas matou todas ao cabreiro, pero o prexuízo económico foi grande e a imaxe, tremenda.

Son 68 cabras que morreron nun camiño de difícil acceso que xa foron retiradas, pero hai fotografías que o reflicten. Foi en Ferreiros, no concello de Arcos de Vadevez. Esta fin de semana unha tormenta deixou un espectacular aparello eléctrico que acabou por fulminar as cabras.

 

 

Noticias web

12/04/2021