CRTVG

Buscar

Un tomiñés pasou tres anos en prisión por un delito que non cometeu

Publicado o 19/07/2021 20:51

Dos catro anos de prisión polo roubo con violencia a un ancián da Guarda que non cometeu, Jorge cumpriu tres. Ata que o seu avogado, o penalista Guillermo Presa, conseguiu a revisión da sentenza cunha proba de ADN. Un cabelo no pasamontañas que lle caeu ao asaltante demostrou que este tomiñés era inocente.

O seu letrado pedirá unha indemnización polas presuntas irregularidades que o encerraron. Dentro, contou co apoio dos psicólogos e psiquiatras do cárcere da Lama, e fóra, co da súa familia, que creu sempre nel.

Por fin de volta na súa casa de Tebra, Jorge só quere agora recuperar a saúde e gozar da vida que acaba de recobrar.

Noticias web

19/07/2021