Un tomiñés adquiriu catro décimos do Gordo do Neno
Publicado o 07/01/2021 13:33
Non hai sorrisos sospeitosos ás portas desta administración de Tomiño, a única que hai no centro da vila, pero non os hai. Gonzalo Fernández vendeu catro décimos do primeiro premio, un número que xa non esquecerá nunca.
Foi o primeiro premio da lotaría do neno; cun concello perimetrado Gonzalo coida que foi un veciño o que levou os catro décimos para repartir entre amigos.
É a segunda lotaría que lle toca a Gonzalo nos últimos meses porque grazas ao confinamento do concello este ano vendeu o dobre. Ás portas da administración atopamos outros buscadores de sorte con menos éxito.
A administración do centro de Tomiño, hai outras dúas en Goián e Tebra está xa no olimpo dos repartidores de sorte, algo que sempre beneficia para as vendas futuras.