CRTVG

Buscar

Investigan como sucedeu o tiroteo no multiusos de Torneiros

Publicado o 19/05/2019 21:55

Os feitos ocorreron de madrugada no multiusos de Torneiros, no Porriño, onde se celebraba unha festa de compromiso do clan dos Zamoranos. De súpeto, varias persoas irromperon a tiros no local, efectuando máis de media ducia de disparos contra o teito. O rebote das balas deixaron feridas dúas persoas: unha rapaza de quince anos, na faciana, e un mozo de dezaoito, no ombreiro e na clavícula.

A Policía Nacional custodia as portas do hospital Povisa de Vigo onde permanece a rapaza. No mesmo centro está ingresado o pai de Sinaí Giménez, líder dos Moróns, enfrontados históricamente co clan dos zamoranos.

Queren evitar calquera problema entre familias. A investigación continúa aberta pero polo momento non se produciron detencións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019