CRTVG

Buscar

Un tirador atrinchérase durante 8 horas e fere a varios policías en Filadelfia

Publicado o 15/08/2019 14:59

Un novo incidente con armas nos Estados Unidos produciuse esta madrugada en Filadelfia. Un home atrincheirouse durante 8 horas nunha vivenda e disparou contra varios policías que facían unha operación antidroga. Seis axentes resultaron feridos.

É o momento en que a policia reduce o home armado que se atrincheirou durante oito horas nunha vivenda en Filadelfia. Todo comezou na tarde de onte no transcurso dunha operación antidroga. Cando os axentes entraron na casa, alguén desde dentro comezou a disparar. Seis dos axentes conseguir fuxir polas portas e as fiestras, pero outros dous quedaron atrapados no interior da vivenda xunto a tres persoas que detiveran. Despois de horas de intercambio de disparos, un equipo de operacións especiais conseguiu entrar no edificio para rescatar os policias e os detidos. 

Seis axentes resultaron feridos. O home, de 36 anos, entregouse finalmente pasada a medianoite. Tiña un amplo historial delitivo por posesión de armas e resistencia ás autoridades. O alcalde de Filadelfia, James Keeney, do Partido demócrata, reclamou un maior control de armas nos Estados Unidos. O incidente próducese tralos recentes tiroteos de El Paso e Dayton, nos que foron asasinadas 31 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019