Un tesouro da nosa costa empeza a estar en perigo de desaparecer: a praia dos Cristais de Laxe
Un tesouro da nosa costa empeza a estar en perigo de desaparecer. Falamos da praia dos Cristais, en Laxe, que aumentou a súa popularidade ata rozar a masificación. O principal problema é que moitos dos visitantes levan os cristais para a casa, e a praia xa o está notando.
Nos pés soan como area... Nas mans soan como xoias...E nos ollos soan como agasallos.
A praia dos Cristais, en Laxe. Na orixe deste recuncho máxico hai unha historia prosaica.
Ese mar que en temporal desfixo esta vella rampla baleeira, esa auga que amasou as pedras, traballou décadas como xoieiro ata pulir perfectamente estes cristais que xa non cortan e mesmo dan permiso para andar descalzo.
Lamentables consecuencias da masificación dos últimos anos, denuncia Joaquín, técnico de Turismo do Concello de laxe, que pode provocar que a praia dos Cristais morra de éxito. Porque así lucía este areal de cores hai vinte anos. Ata arriba chegaban os cristais que agora faltan.
Hai quen bota cristal ao mar pensando que fan ben. Pero a solución está escrita: "Por favor, non leven os cristais".