Un terzo dos contratos laborais asinados en xullo foron de menos dun mes
Publicado o 18/08/2021 20:44

Durante o pasado mes de xullo, 1 de cada 3 contratos laborais asinados en España tiña unha duración dun mes ou menos.
Dende o Servizo Público de Emprego Estatal elaboran esta radiografía do mercado laboral cos preto de 2 millóns de contratos rexistrados nun mes historicamente propicio para reducir os niveis de paro.
A duración media dos contratos foi de 53 días, o segundo mellor dato nos últimos 8 anos. Porén, tan so un 0,3 % dos contratos contemplaban unha duración de máis dun ano.