CRTVG

Buscar

Un terremoto de tres graos na escala de Richter fai mover o chan en Maside

Publicado o 19/10/2020 23:03

Maside espertou hoxe coa calma e a actividade cotiá, pero un tema anima as conversas entre os seus habitantes: o tremor que onte á noite sacudiu a localidade.

Apenas perceptible, tivo unha intensidade de 3 graos na escala de Richter, con epicentro a 1 quilómetro de profundidade. Deixouse sentir en Maside e tamén no veciño O Carballiño, malia que a moitos lles pasou desapercibido.

Os que si apreciaron o movemento sísmico aseguran que foi unha sacudida leve e breve. Non é a primeira vez que a terra treme nesta zona.

Lembran outros movementos telúricos máis intensos hai anos. Desta volta o tremor quedou en anécdota e non hai constancia de dano ningún.