CRTVG

Buscar

O terceiro tiroteo deixa sete mozos feridos nun parque de Chicago

Publicado o 04/08/2019 22:07

Un terceiro tiroteo produciuse en Chicago horas despois destes dous masacres e deixou sete mozos feridos un deles en estado crítico. Catro homes e tres mulleres de entre 19 e 25 anos de idade foron tiroteados neste lugar, o parque Douglas, ao sur da cidade, que é un punto de encontro da xuventude. Os disparon foron realizados de madrugada desde un coche que se deu á fuga.

A violencia en Chicago é singularmente elevada xa que desde o venres á noite 3 persoas foron asasinadas e 37 quedaron feridas en diversos incidentes.






 

Noticias web

04/08/2019