O 'taxiguau' vigués é o único de Galicia especializado en levar mascotas
Publicado o 09/09/2021 13:07
Wilma viaxa coa súa propietaria en taxi. Vaino facer con todas as comodidades e, por suposto, con seguridade. Benni conduce o taxiguau en Vigo, un servizo que mediante unha aplicación permite contratar transporte para mascotas en toda España. Este de Vigo é o único que opera en Galicia e nace do amor de Benni polos animais.
No taxiguau os animais poden viaxar sós ou acompañados, e ademais dos cans poden facelo outro tipo de mascotas. Benni xa fixo servizos moi diversos.
O custo do servizo é o mesmo que se viaxaran persoas, aínda que puidemos comprobar que hai certas diferenzas no trato, porque ningunha mascota remata a viaxe sen recibir o seu premio. Será porque, segundo di Benni, o seu comportamento é mellor que o de moitos humanos.