CRTVG

Buscar

Un taxista pontevedrés recupera do ladrón a caixa dos cartos que levou dun comercio

Publicado o 08/04/2019 14:37

Un taxista pontevedrés conseguiu frustar un roubo ao recuperar a caixa dos cartos que un ladrón levara dun comercio.

O delincuente entrara nunha tenda de animais, pouco antes da hora do peche, o venres. Aproveitando que a dona do negocio estaba na parte de atrás, cortou o cabo da máquina rexistradora da tenda e fuxiu ás carreiras. Alertado polos berros da muller, o taxista saíu do seu coche e perseguiu o ladrón. Aínda que non pudo reter o delincuente, o taxista si conseguiu que o ladrón soltara a caixa rexistradora e así recuperala e devolverlla á vítima do roubo.

Noticias web

08/04/2019