CRTVG

Buscar

Un taxista de Pontevedra evita un roubo: couta o ladrón e recupera o botín

Publicado o 10/04/2019 19:47

Que farían vostedes se atopan un ladrón saíndo dunha tenda coa caixa rexistradora na man? José Antonio Álvarez, taxista de Pontevedra, non o dubidou. Saíu tras del e acabou recuperando o botín.

Sorte e fazaña. Podería ser o título dunha película pero é un titular, o da noticia do roubo frustrado a esta tenda de mascotas. Sorte a da propietaria. Fazaña a de José Antonio Álvarez, taxista e protagonista do suposto filme. Pinceladas cinematográficas non lle faltan ao final feliz dun roubo con persecución e caixa rexistradora.

A partir deste momento comeza unha carreira pola Praza de Barcelos ata chegar á rúa Rouco, onde o caco tira a caixa rexistradora e foxe. O guión neste punto faise previsible. Felicitacións e agradecementos para o heroe e satisfacción para a dona da tenda. Porén José antonio, ex garda civil réstalle importancia e non dubida en que faría de repetirse a situación

O actor secundario é un vello delincuente coñecido na cidade de Pontevedra, conseguíu fuxir pero a Policía xa anda na súa procura. Segundo nos apuntan a cantidade de cartos que case rouba era considerable. Porén, coma nas poelis de acción, os títulos de crédito entran cun roubo frustrado e cun taxista convertido en heroe.














 

Noticias web

10/04/2019