CRTVG

Buscar

Un taller galego fabrica xoguetes ecolóxicos, alternativos ao plástico e á electrónica

Publicado o 13/07/2020 16:21

Podemos pechalos na casa, pero non pecharlles a súa imaxinación. Foron meses duros, pero os xoguetes cobraron vida, tiveron un 60% máis de uso, segundo un estudo do Instituto Tecnolóxico de Produto Infantil. Aumentaron os xogos compartidos, pero tamén o tempo de pantallas, ata un 73%, durante o confinamento.

Os pais mercaron máis xoguetes por Internet. Entre eles, xoguetes ecolóxicos, alternativos ao plástico e á electrónica. Hoxe entramos neste taller onde Marcos, diplomando en Arte, e Agustín, arquitecto técnico, constrúen artiluxios de madeira para espertar a imaxinacion e a liberdade.

No universo de Habitar as formas, 60 xoguetes de madeira de bidueiro, sen parafusos e en que cada peza pode levar meses de probas. Para chegar ás cores pasaron 2 anos.

Neste último ano detectaron un cambio de tendencia no mercado do xoguete. Estámonos volvendo máis ecolóxicos. Un mundo que muda e, ás veces, cara a vivencias máis sostibles.

Noticias web

13/07/2020