CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Un supervivente galego do Costa Concordia mantén contacto con todo o relacionado co naufraxio

Publicado o 22/09/2013 21:24


Un dos superviventes galegos que viaxaba a bordo do Costa Concordia prepara a súa terceira viaxe á zona da catástrofe. Pero desta volta atopará unha estampa ben distinta na costa da illa de Giglio: a do casco do cruceiro endereitado.

Son fotografías tomadas por Carlos Carballo, supervivente do accidente, e que serviron para ilustrar páxinas da prensa nacional e internacional que informaron da traxedia. Non foi consciente da magnitude do accidente ata que regresou a España.

Foi un mes e medio despois de encallar o Costa Concordia, a primeira vez que Carlos recoñece que chorou por mor do accidente.

Carlos tivo a oportunidade de reencontrarse co resto de superviventes no aniversario que se celebrou o 13 de xaneiro en Giglio. Agora quere vivir a experiencia completa de viaxar nun cruceiro e fará o mesmo traxecto que non rematara a bordo dun buque das mesmas características ca o Costa Concordia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí