CRTVG

Buscar

Un sistema para non ter que tocar as pantallas táctiles ideado en Vigo

Publicado o 09/07/2020 20:36

As pantallas táctiles forman parte do noso día a día, para coller cita no médico, no banco ou mesmo en postos de información turística. O uso constante nesta época pode supor un risco, tanto que algunhas entidades decidiron deixar de empregalas.

Unha empresa viguesa deseñou un sitema que lles permite transformalas en aparellos capaces de identificar os nosos movementos e escoller opcións sen ter que tocalas.

Xa teñen varios clientes e agardan poder instalar os primeiros dispositivos en agosto. Agora xa traballan en adaptar o sistema a mecanismos máis sinxelos, como poderían ser os ascensores, para evitar que se teñan que tocar os botóns.

Noticias web

09/07/2020