CRTVG

Buscar

Un sistema para degradar toalliñas hixiénicas ourensán loita polo 'Nobel da auga'

Publicado o 01/06/2018 21:18

Dous alumnos de bacharelato do colexio Maristas de Ourense van representar España no certame de Estocolmo do Premio Júnior da Auga, considerado o 'nobel da auga'. E conseguiron gañar cun proxecto que propón unha solución ecolóxica para descompoñer as toalliñas hixiénicas. Descubiron que os vermes do mel conseguen degradar os microplásticos.

Conscientes do problema que están a provocar as toalliñas húmidas, fonte de contaminación na auga e de taponamentos nas tubaxes e sumidoiros. Estes dous ourensáns estudantes de bacharelato propoñen unha solución para eliminalas. 

E o seu proxecto gañou en España o premio da auga de Estocolmo e agora van ir alí a intentar traer o considerado Nobel da auga. 

O certame será finais de agosto na capital de Suecia onde competirán cos proxectos de escolares de 32 países.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2018