Desenvolven un innovador sistema de ventilación
Publicado o 27/01/2021 20:17
Desenvolven un innovador sistema de ventilación eficiente que mide non só a calidade do aire de calquera espazo pechado, senón tamén do exterior. O obxectivo, crear un prototipo que garanta un caudal suficiente para renovar o aire do local, sen ter que estar continuamente coas ventás abertas.
Trátase dun proxecto do instituto As Mercedes, en Lugo. Os seus promotores din que é só un prototipo co que pretenden contribuír a divulgar alternativas de ventilación, algo moi necesario neste tempo de pandemia.
Din que é un modelo sinxelo e que pode adaptarse tanto aos domicilios como a oficinas, mesmo onde non haxa instalado xa ningún sistema mecánico de ventilación.