CRTVG

Buscar

Un sismo de 6.3 de magnitude fixo tremer este domingo o Ecuador

Publicado o 31/03/2019 17:41

O terremoto produciuse no mar, a 34 quilómetros da cidade costeira de Salinas. O sismo sentiuse tamén en Guayaquil, e tivo varias réplicas ao longo da noite. Tanto os ecuatorianos como os turistas que estaban na zona saíron dos edificios e afastáronse da costa, aínda que o Instituto Oceanográfico ecuatoriano non activou a alerta de tsunami.

 

Noticias web

31/03/2019