CRTVG

Buscar

Un sismo de 3,3 graos fai tremer a terra en Cartelle

Publicado o 05/09/2019 14:00

Non se fala doutra cousa en Outomuro, a capitalidade do concello ourensán de Cartelle, onde, de novo, un tremor de terra sorpendeu os veciños cando pasaba media hora da media noite. Foron uns segundos, din, pero moi intensos.

Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o epicentro do sismo foi na aldea de Gueral de Arriba, moi preto de Outomuro e tivo unha magnitude de 3,3 na escala de Ritcher.

Un bo susto levaron e o sismo deixouse sentir tamén en concellos lindeiros como A Merca ou Gomesende. Aquí levan máis dun mes de grande actividade sismíca e na última semana xa se rexistraron oito tremores.

Máis tarde no municipio da Merca houbo outra réplica do tremor de menor intensidade, 2,5, pero tamén o sentiron. Nesta zona o Instituto Xeográfico Nacional leva rexistrados dende o último mes 37 pequenos tremores.

Noticias web

05/09/2019