O accidente produciuse o 4 de maio á saída dunha curva
O accidente produciuse o día 4 de maio en Palmeira, á saída dunha curva.
Abraham, de 29 anos, e a súa moza Sara, de 28, viaxaban nun coche que chocou frontalmente contra outro que conducía Pilar Fernández, de 45 anos.
A parella morreu alí mesmo e a Pilar trasladárona ao Hospital Clínico de Santiago, onde as análises deron positivo en alcol e substancias psicotrópicas.
O avogado das familias das vítimas pediu que a imputasen por dous delitos de homicidio, un de condución temeraria e outro por conducir baixo os efectos do alcol e outras substancias.
Catro testemuñas corrobaron no xulgado que viran a Pilar conducindo a velocidade excesiva. Uns meses antes, en xaneiro, xa tivera outro accidente e dera positivo en alcol.
Na súa comparecencia nos xulgados, Pilar pediulles perdón ás familas das dúas vítimas mortais.
O xuíz decretara liberdade con cargos para ela, retiráralle o permiso de conducir e confiscáralle todos os vehículos ao seu nome.
Familiares, amigos e veciños das vítimas saíran ás rúas de Ribeira para pedir que se fixera xustiza.










