CRTVG

Buscar

Un sindicato minoritario portugués deixa a folga de transportistas no quinto día

Publicado o 16/08/2019 17:33

 A folga de transportistas continúa por quinto día, pero xa sen o apoio dun dos sindicatos minoritarios, o Sindicato independente de motoristas, que decidiu poñerlle fin ao paro para volver negociar coa patronal. O primeiro ministro portugués, António Costa, manifestou a sua satisfación por este acordo e apelou a que ninguén quede illado nunha folga que cualificou como "estéril".

Esta mañá producíase a resposta da principal organización convocante, o Sindicato de Motoristas de Matérias Perigosas, que reafirmou a súa postura de manter a folga o tempo que sexa necesario ata chegar a unha solución. O goberno portugués está a utilizar camións españois para evitar problemas nalgunhas zonas, especialmente no Algarve e no norte do país, unha manobra que considera legal en casos coma este de alerta enerxética.

Mentres dure a folga, os condutores portugueses só poden repostar 15 litros por día. Por iso unha xornada máis, son moitos os que cruzan a fronteira para encher o déposito en gasolineiras galegas.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019