CRTVG

Buscar

Un simulador forestal axuda na formación a alumnos de FP en Mondoñedo

Publicado o 01/02/2019 16:53

As novas tecnoloxías achegan grandes posibilidades na formación. Un bo exemplo vímolo hoxe no IES San Rosendo de Mondoñedo. Alí botan man da realidade virtual para formar os alumnos no manexo de autocargadores e procesadoras forestais grazas a un simulador que achegaron as consellerías de Educación e Industria.

Semella un videoxogo pero non o é, trátase de formación de última tecnoloxía. Este simulador forestal aplícase a ensinanzas de FP da familia profesional de Agraria que se imparten no IES San Rosendo de Mondoñedo. Permítelle aos alumnos unha maior formación en labores de tala e procesado antes da súa incorporación ao mercado laboral.

Francisco Conde subliñou que o sector forestal segue a bater récords en exportacións e que en 2018 as cifras de negocio superaron os 885 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019