CRTVG

Buscar

Un senteito devolve en Vigo un bolso con 1.500 euros que atopou na rúa

Publicado o 04/02/2020 14:32

Despois dunha tarde de lecer visitando diferentes establecementos na zona centro, unha veciña de Vigo percatouse de que non levaba o bolso colgado no ombreiro. A muller denunciou o roubo declarando que no interior levaba unha importante cantidade de diñeiro dunha factura que acababa de cobrar.

Ao parecer, atopouno nas inmediacións da praza de España e devolveuno en comisaría. A policía agradeceu o acto de honradez e civismo deste home, que ademais se atopa nunhas circunstancias persoais complicadas.

Na rúa, os cidadáns aseguran que actuarían do mesmo xeito. Din que o civismo debe primar sobre as situacións persoais. Aínda así, loan o xesto.

E neste caso valeu, demostrando que a honradez só depende do corazón e da empatía das persoas.

Noticias web

04/02/2020