CRTVG

Buscar

'Un señor elegante', a nova novela de non ficción de Suso de Toro

Publicado o 11/12/2020 15:54

Un señor elegante é unha novela de non ficción na que Suso de Toro traza o perfil dunha eminente familia de cirurxiáns con orixe en Padrón e asentada en Rianxo e en Compostela, unha familia burguesa de ideais republicanos e vencellada ao galeguismo desde o século XIX.

A través dese retrato familiar, Suso de Toro vai enfiando a historia de Galicia e de España durante o século XX: o golpe do 36, a Guerra Civil, o exilio, a represión e a loita clandestina.

Ramón Baltar é un personaxe cunha faciana dobre: respetado cirurxián condecorado polo réxime franquista e axente clandestino a través da Unión de Intelectuais vencellada ao Partido Comunista.

Un señor elegante xurdiu dun exhaustivo traballo de documentación e de entrevistas cos fillos de Ramón Baltar. A novela, que desvela o seu propio proceso de escritura, foise construíndo con cada novo dato e con cada nova descuberta. Máis de 500 páxinas de pequenas historias familiares e de historia con maiúsculas.

Noticias web

11/12/2020