CRTVG

Buscar

Un senegalés volve á casa grazas a axuda dos clientes do seu bar de confianza na Coruña

Publicado o 04/03/2020 20:20

Cando Abdou chegou á Coruña, no ano 2005, fíxoo cun obxectivo moi claro: conseguir traballo para facilitarlles a vida aos seus familiares. Comezou a gañar cartos como vendedor ambulante, pero non tardaría en atopar a axuda dunha segunda familia: os seus amigos do bar Chaflán.

Na actualidade, este bar coruñés é a súa segunda casa. Precisamente, os propietarios, tras saber que a nai de Abdou falecera, foron quen decidiron emprender unha iniciativa solidaria de recadación de fondos para mercarlle un billete de volta a Senegal. A iniciativa, que difundiron no Facebook do bar, foi un éxito en cuestión de horas, algo que o propio Abdou non acaba de crer.

Arestora, Abdou xa voa rumbo a Senegal, onde botará ata mediados de abril, tempo que destinará á súa familia e a darlle o último adeus a súa nai. Polo de agora, a viaxe será con billete de volta á Coruña, pero sempre coa vista posta na súa terra.
 

Noticias web

04/03/2020