CRTVG

Buscar

Os hoteis galegos regrados garanten a cobertura do seguro fronte á covid-19

Publicado o 23/06/2021 15:25

Nos hoteis galegos informan os viaxeiros do novo seguro fronte á covid-19 que xa está en marcha. Simplemente con estar aloxado nun establecemento regrado en Galicia o turista xa o terá activo se o precisa. Unha iniciativa para visitantes e peregrinos nacionais e internacionais que non residan na nosa comunidade.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Turismo: "Todo o mundo vai buscar a seguridade a partir de agora, vai buscar moitos valores neste rexurdimento do turismo e un deles vai ser viaxar con seguridade".

Un novo incentivo para todos aqueles que queren pasar as súas vacacións en Galicia. Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia: "Vai facer máis forza para esa xente que quere reservar as súas vacacións en Galicia e van ter un aliciente máis para estar máis seguros nos nosos establecementos".

Peregrinos e turistas acollen con moito interese este seguro que lles dá máis tranquilidade á hora de viaxar. Desde a súa posta en marcha o 1 de xuño non houbo notificacións de contaxiados entre os turistas, a medida estará vixente polo menos durante un ano. O seguro cobre desde gastos médicos, farmacéuticos, prolongación de estancias ata repatriación.

Noticias web

23/06/2021