Un segundo pesqueiro do Gran Sol chega a Vigo ante a sospeita dun gromo de covid
Publicado o 12/08/2021 18:43

Chega a Vigo outro pesqueiro do Gran Sol ante a sospeita dun gromo de covid a bordo. O Novo Confurco decidiu regresar ao porto base cando un dos mariñeiros comezou a ter síntomas da enfermidade e, xa en Vigo, fixéronlles unha proba PCR aos once tripulantes.
A semana pasada tamén tivo que deixar a marea no Gran Sol o pesqueiro Manuel Lara ao denegarlle Irlanda a atención médica. En Vigo deron positivo nove dos seus tripulantes e tres chegaron a estar hospitalizados.