CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Un século sen o escultor Auguste Rodin

Publicado o 17/11/2017 17:14

En 1917 morreu Auguste Rodin, considerado un dos escultores máis importantes do século XIX e principios do XX.

Un enorme creador, sobre todo desde que descubríu a obra de Miguel Ángel.

O primeiro resultado dese contacto co xenio do Renacemento foi "a idade de bronce", un espido masculino a tamaño natural, que nun principio desagradou profundamente polo seu extraordinario realismo de dor e sufrimento.

Despois chegaron outras grandes obras, coma "san Juan Bautista predicando", "o bico" e a porta monumental de bronce para o museo das artes decorativas de París. Escolleu como tema o inferno de Dante, polo que se denominan "as portas do inferno".

E posteriormente elaborou unha das esculturas máis recoñecidas da historia: "o pensador", un personaxe sumido nas súas reflexións, librando unha batalla interior.

A súa forza escultórica residiu na habilidade para captar a condición humana: paixóns, desexos e amarguras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

17/11/2017