CRTVG

Buscar

Un saxofonista non pode facer teletraballo polas molestias que lle causa a un veciño

Publicado o 16/04/2020 20:12

A opción de teletraballo é para moitos unha solución, pero tamén pode ser unha fonte de conflitos. Na Coruña, un profesor de música tivo que deixar de impartir as clases desde a súa casa. O seu saxofón molestaba un veciño. "Teño un veciño a quen, por desgraza, non lle gusta a miña actividade musical", confesa o saxofonista Pablo Añón.

Pablo Añón saca o seu saxo á rúa. Xa non pode facer teletraballo polas queixas dun veciño, que se ofreceu a darnos a súa versión dos feitos a través dun audio de WhatsApp. 

"Traballo nun supermercado. Érgome ás catro e media da mañá. Vir de traballar, querer descansar e escoitar durante horas as mesmas dúas ou tres notas dun saxo é unha tortura para calquera", comenta Daniel, o veciño denunciante.

Pablo é músico profesional. O confinamento pechoulle a billa dos ingresos a través dos concertos.

 "Traballo dando clases en dúas escolas e a única oportunidade de ter uns mínimos ingresos é manter as clases en liña", explica Pablo.

 "Quéixase de non ter ingresos aproveitándose do confinamento. Tivo tempo abondo para acondicionar a casa ou buscar unha alternativa", engade Daniel.

Daniel asegura que o ano pasado chamou máis de 30 veces a Policía local, que derivou dous informes a Medio Ambiente. A mediación tampouco funcionou. "Non só toca por semana. Este home toca domingos, festivos, a calquera hora". denuncia Daniel. "Limitábame a un horario que podía ser de luns a sábado, de 12.00 a 14.00 horas, e de 18.00 a 20.00 horas", replica Pablo.

Historias do confinamento. "É a lei a que non o deixa tocar. Non somos nós". "Non houbo maneira"

Noticias web

16/04/2020