CRTVG

Buscar

Un santiagués, premio AD ao mellor arquitecto do ano

Publicado o 06/03/2019 13:59

A Filharmónica de Szczecin en Polonia é unha das obras máis recoñecidas do estudio Barozzi-Veiga. Con el gañaron o Premio Mies, ao mellor edificio do ano do 2015. Representa a súa forma de ver a arquitectura. Liñas limpas, planos ben definidos. E algo que sempre buscan, que a xente faga seu o edificio.

O premio ao mellor arquitecto recoñece unha obra, asegura o xurado, espida e simple pero expresiva, que seduce polo seu espitito monumental e que conquistou Europa. O estudio de Veiga dedícase fundamentalmente a obra pública.

Máis de media Europa goza coa obra de Alberto Veiga. A crise levou o estudio a centrarse nos concursos internacionais. O Auditorio de Águilas, en Murcia, e a sede da Denominación de orixe Ribera del Duero, en Burgos, son as súas obras máis emblemáticas en España.


 

Noticias web

06/03/2019