CRTVG

Buscar

O coronavirus non impide que se celebre a romaría do san Bieito de Lérez

Publicado o 11/07/2020 15:10

Desinfectan tras cada misa para evitar os contaxios. Ademais o santo está protexido cun plástico para que ninguén o toque, un costume moi arraigado en moitas romarías. Xel hidroalcólico, e postos separados e limitación de acceso son algunhas das características desta edición da romaría.
Tampouco hai procesión, nin case postos, pero o que máis pena lle dá aos asistentes é que haxa moitísima menos xente que outros anos.

Porén hai cousas que pouco cambian, xa hai xente nos postos de comida desde o mediodía.O polbo, o churrasco e a carne ao caldeiro son aquí as estrelas.Lentamente a animación está volvendo ao sector.
E tras unha edición tan estrana, o San Bieitiño de Lérez pula por seguir sendo o máis milagreiro da contorna.

Noticias web

11/07/2020